Foro SofosAgora

Foro abierto a los intereses de sus usuarios. Debate, aprende y diviértete.
Fecha actual 12 Dic 2017, 00:42

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]




Nuevo tema Responder al tema  [ 5 mensajes ] 
Autor Mensaje
 Asunto: Introdución xeral á filosofía oriental.
NotaPublicado: 13 Nov 2017, 15:08 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: 08 Feb 2012, 00:46
Mensajes: 1328
Introdución xeral á filosofía oriental.

Fío adicado á redacción do libro titulado Introdución xeral á filosofía oriental.
Fío en construción.

_________________
Cordialmente, de Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo electrónico trigrupo @ yahoo . es (trigrupo arroba yahoo punto es). La imagen del avatar gráfico es una fotografía que me identifica realmente, no retocada, tomada en septiembre del año 2017.


Arriba
 Perfil  
Responder citando  
 Asunto: Re: Introdución xeral á filosofía oriental.
NotaPublicado: 22 Nov 2017, 18:48 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: 08 Feb 2012, 00:46
Mensajes: 1328
Introdución xeral á filosofía oriental


Prólogo.

A afeción popular ou académica á filosofía oriental na lusofonía, e dentro desta lusofonía no mundo que fala galego, non corresponde, tradicionalmente, á elaboración de materiais rigorosos de referencia. Porque non se pode falar ben do que se descoñece.
Este libro aspira a encher parte dese oco.
Por tanto, manterá unha gran semellanza cos manuais de introdución xeral á filosofía oriental que se fixeron e se fan noutras grandes linguas occidentais, coma o inglés, o alemán e o francés.
Porén, este libro vai ter características distintivas.
A primeira será a súa clareza, que rexeitará afoutamente a pedantería académica. Por exemplo, non é raro, nos manuais escritos por sesudos profesores que van analizá-la relación entre o Budismo Mahayana e o filósofo indio Shankara (frecuentemente considerado un filósofo agochadamente budista dentro do hinduísmo) que, despois da primeira páxina do escrito, as dúas espresións aparezan respectivamente abreviadas como BM e Sh., durante vinte ou cincuenta páxinas. Naturalmente, un libro para o lector medio non é un borrador de notas, e por tanto esta preguiza disfrazada de normalidade académica, en realidade unha mostra de pedantería académica moi ingrata para a lectura fluída, é totalmente desbotábel. O aforro en espazo é risíbel cos medios actuais de impresión en papel ou en pantalla electrónica, e no entanto o texto faise críptico, case un indesexado xeroglífico ou encrucillado.
O mesmo vale para o abuso de notas críticas a pé de páxina. O lóxico, o claro e lexíbel, é incorporá-las explicacións pertinentes dun concepto dubidoso ou amplábel a ringleira seguida no corpo do texto. O señor lector ten todo o dereito do mundo a que non abusen del. Por tanto, este libro será lido doadamente, sen pseudomisticismo academicista.
A segunda característica vai se-lo seu achegamento a facianas descoñecidas no Occidente sobre a filosofía oriental. Que non todo é budismo, taoísmo e ioga. Que, por exemplo, o marxismo asiático é potente, actual e moi significativo filosoficamente. E é filosofía oriental, tanto por certo como é filosofía de orixe oriental o desenvolvemento dos estudos sobre o Brahman na Europa ou na América dende o alemán Schopenhauer (pronunciación: Xopenáuer).
E a terceira característica diferencial deste manual sería a súa expresa diferenciación entre filosofía e historia da filosofía. Son dúas cousas moi relacionadas, mais fundamentalmente distintas, porque a historia da filosofía trata de algo que foi e xa non é nin será, mentres que a filosofía trata de algo que é na actualidade, aberto ó que será e tamén ó que foi. Por iso, alén do enfoque histórico, fundamental nunha obra como esta, aparecerán tamén capítulos temáticos anhistóricos ou, máis precisamente dito, metahistóricos, dedicados por exemplo ó karma, á reencarnación, ó dharma, ó nirvana (ou moksha, pronunciación moxa co x de oxidar) etcétera, agregadamente ó tratamento histórico destes temas na filosofía oriental.
A propia diferenciación previa entre filosofía oriental e filosofía occidental (ou filosofía non oriental) é un asunto problemático, digno de discusión e que, xa que logo, disporá dun capítulo propio neste libro. Moito do que alcumamos como filosofía oriental, na realidade, está incorporado hai séculos ó acervo filosófico occidental, polo mundo musulmán, polo mundo xudeu ou polos contactos científicos, artísticos, históricos, etcétera, entre a Asia e o Occidente euroamericano; considerando que a América é un continente, non só os Estados Unidos de América, e incluíndo ás grandes illas da Australia e a Nova Celandia, xa na lonxana Oceanía, como territorios hoxe predominantemente occidentais en cultura e filosofía. Tamén cómpre unha ollada ás filosofías non occidentais xurdidas fora do Extremo Oriente Asiático, sendo un bo exemplo a filosofía en lingua nahua, con representantes como o rei filósofo centroamericano Netzahualcóyotl, tan parello en biografía e talante ó emperador filósofo romano Marco Aurelio. Estes casos arraianos terán un apartado propio.
Lingüisticamente, ante a tradicional e frecuentemente ensarillada liorta de normativas e ortografías para a lingua galega, este libro fai a escolla das normas maioritarias e oficiais; eis, as normas da Real Academia Galega, oficiais na Galicia e tamén na España enteira cando nela é usado o galego. Non é unha cuestión de tomar partido na espiñenta e pouco necesaria liorta, senón de practicidade pra unha obra que non é de filoloxía nin de lingüística, senón de filosofía. Cando a clareza aconselle afastarse da rixidez normativa, así se fará tamén, pois non se creou ó lector para a gramática, senon á gramática para o lector.
Canto ós nomes propios ou técnicos en linguas estranxeiras, o criterio fundamental é a clareza de lectura. Os nomes con forma tradicional en galego consérvanse en xeral. Os nomes orixinalmente en alfabeto latino son citados íntegros, incluíndo os signos diacríticos que poidan ter. Os nomes en escrituras distintas do alfabeto latino utilizan un equilibrio entre a transliteración internacional máis popular e a adecuación á ortografía galega, co fin de lograr unha pronunciación axeitada e, simultaneamente, o recoñecemento escrito destas formas na lectura doutros documentos que as citen. Un glosario destes nomes, ó final do libro, indica detalles de variantes, pronunciación, transliteración, significado, etcétera; e así saberemos, por exemplo, que o filósofo vedantista máis coñecido, Shankara, ten como pronunciación Xancara, co "x" como en "xamón", e que a forma orixinal do seu nome está en alfabeto sánscrito, sendo por tanto "शंकर". A acentuación clásica antiga vai no segundo "a", mais na India actual a palabra tende a ser acentuada de xeito esdrúxulo: Xáncara. Aínda máis complicado é o caso do concepto taoísta básico, o tao. Sendo unha forma popular galega a forma tao, esta será a usada en xeral. Non obstante, será frecuente encontrá-la forma "dao", que non cambia a pronunciación, senón que é a transliteración oficial actual (sistema pin yin) da República Popular Chinesa; nesta transliteración, o "d" equivale ó "t" do galego. Unha variante desta transliteración é "dào", na que o acento grave non indica acentuación tónica nin grao de abertura vocálica, senón o ton descendente da lingua chinesa oficial, o chinés mandarín, que ten catro tons. A ortografía orixinal deste concepto, en ideograma chinés, é "道", que, dentro do seu exotismo, alomenos non presenta a dualidade entre os ideogramas antigos complexos e os ideogramas modernos simplificados, cousa que sí pasará cun concepto taoísta e budista nas filosofías chinesas, o concepto de wu wei, pronunciado "vuvei", que en transliteración rigorosa do pin yin é "wú wéi"; transliteración na que os dous acentos agudos indican ton ascendente. A forma orixinaria no taoísmo é "無 為"... irrecoñecíbel na forma simplificada actual: "无 为".
Todos estes detalles ortográficos, fonéticos e semánticos, para non atoármo-la lectura fluída dos capítulos, quedan relegados ó glosario devandito.
Aí vai o libro. É recomendábel empezar a lelo polo índice.

_________________
Cordialmente, de Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo electrónico trigrupo @ yahoo . es (trigrupo arroba yahoo punto es). La imagen del avatar gráfico es una fotografía que me identifica realmente, no retocada, tomada en septiembre del año 2017.


Arriba
 Perfil  
Responder citando  
 Asunto: Re: Introdución xeral á filosofía oriental.
NotaPublicado: 05 Dic 2017, 23:59 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: 08 Feb 2012, 00:46
Mensajes: 1328
Índice


1. A delimitación entre filosofía oriental e filosofìa occidental
1.1. A delimitación xeográfica
1.2. A delimitación histórica
1.3. A delimitación temática.
1.4. A negación radical da filosofía oriental
1.5. A negación da diferencia entre filosofía oriental e filosofía occidental.
1.6. As filosofías non occidentais nin tampouco orientais

2. Os tres núcleos históricos da filosofía sistemática: a Grecia, a India e a China
2.1. O comezo na Grecia
2.2. O comezo na India
2.3. O comezo na China.
2.4. A cuña histórica do século -VI como comezo da interacción entre os tres núcleos históricos
2.5. A expansión da filosofía chinesa antiga
2.6. A expansión da filosofía india antiga
2.7. A entrada masiva da filosofía india na China
2.8. A confluencia india e chinesa na filosofia da Indochina
2.9. A filosofia autóctona do Xapón
2.10. A filosofía autóctona do Tíbet
2.11. A longa Historia dos contactos filosóficos entre a Grecia e mailo Occidente coa India
2.12. Os movementos filosóficos misioneiros da India ó Xapón, á China, á Indochina e ó Occidente

3. Sistematización da filosofía oriental
3.1 Presentación sistemática da filosofía india desde a orixe deica hoxe
3.2. Presentación sistemática da filosofía chinesa desde a orixe deica hoxe
3.3. A falsafa islámica como filosofía oriental; problemas e desenvolvemento dende a Héxira deica hoxe
3.3.1. O sufismo
3.4. O carácter bifronte oriental e occidental da filosofía hebrea

4. Os grandes sistemas
4.1. As oito escolas filosóficas indias ortodoxas clásicas
4.1.1. Mimamsa-Vedanta
4.1.2. Samkya-Ioga
4.1.3. Nyaya-Vaisesika
4.2. O budismo
4.1. O núcleo ideativo xeral do budismo
4.2. O budismo Theravada ou Hinayana
4.3. O budismo Mahayana
4.4. O budismo chan ou zen
4.5. O budismo Madhyamika
4.2. A expansión occidental do budismo desde o século XIX
4.3. O xainismo
4.4. O tantra
4.4.1. O tantra védico ortodoxo
4.4.2. O tantra budista
4.4.3. O tantra occidental
4.5. O confucianismo
4.6. O taoísmo
4.7. O moísmo
4.8. As escolas indias medias e serodias: nanakismo, kabirismo e outras
4.9. As escolas chinesas medias e serodias: neoconfucianismo, neobudismo chinés, taoísmo posclásico e outras
4.10. Desenvolvementos serodios do budismo, a ortodoxia védica e o islamismo na Indochina, na Malasia e na Indonesia

5. Os tempos modernos
5. 1. A chegada masiva do cristianismo á Asia
5.2. A introdución masiva da filosofía académica occidental na India desde o século XIX
5.3. O positivismo na China, na India e no Xapón
5.4. As correntes románticas e irracionalistas occidentais na Asia

6. O marxismo asiático
6.1. Unha transcendencia tradicionalmente minusvalorada
6.2. O marxismo chinés
6.3. O marxismo indio
6.4. O marxismo xaponés
6.5. O marxismo coreano
6.6. O marxismo vietnamita
6.7. O marxismo birmano
6.8. O marxismo camboiano
6.9. O marxismo indonesio
6.10. O marxismo iraní
6.11. O marxismo ruso e soviético asiático

7. A filosofía oriental actual
7.1. A filosofía académica india
7.2. A filosofía académica chinesa
7.3. A filosofía académica xaponesa
7.4. A filosofía académica indochina e asiática en xeral
7.5. Os filósofos independentes desde Lao Tse a Krishnamurti
7.6. Escolas e filósofos sen delimitación xeográfica estrita, dende o rei grecobudista Menandro deica o gurú neotántrico indio e occidental Osho

8. Os asuntos temáticos
8.1. Xustificación do enfoque suprahistórico
8.2. O karma
8.3. A reencarnación
8.4. A natureza persoal ou impersoal da Realidade Derradeira
8.5. A natureza consciente ou inconsciente da Realidade Derradeira
8.6. O concepto salvífico de nirvana, tao, moksha, ananda, paraíso, Reino dos Ceos ou felicidade
8.7. A materia e o espírito; dualidade ou complementariedade
8.8. A natureza da ánima e do eu
8.8.1. A suprema identidade: tat tvam asi
8.8.2. A radical negación metafísica, ética e epistemolóxica do eu
8.9. Cambio e permanencia na realidade
8.10. A orixinalidade da filosofía oriental como cosmovisión integradora do mundo manifestado e do seu substrato transcendente non manifestado

9. Fontes de consulta
9.1. Bibliografía
9.1. Pictografía
9.2. Hemerotecografía
9.3. Fonografía, filmografía e videografía.
9.4. Internetografía

10. Glosario de conceptos, nomes en linguas asiáticas, escolas e autores

_________________
Cordialmente, de Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo electrónico trigrupo @ yahoo . es (trigrupo arroba yahoo punto es). La imagen del avatar gráfico es una fotografía que me identifica realmente, no retocada, tomada en septiembre del año 2017.


Arriba
 Perfil  
Responder citando  
 Asunto: Re: Introdución xeral á filosofía oriental.
NotaPublicado: 06 Dic 2017, 00:12 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: 19 Ago 2014, 04:56
Mensajes: 9316
Rango personalizado: Nuevo usuario.
Alexandre Xavier escribió:
Entonces te pregunto, Caba: ¿por qué no citas este pasaje bíblico en chino o en guaraní?
Y te pregunto también: ¿en este foro se va a entender mejor este pasaje bíblico en chino, guaraní o inglés que en castellano?


Fuente: metafisica/dudas-incertidumbres-t8430.html#p188572

PD: Ya que eres experto en traducciones podrías hacer un "Manual de Filosofía Oriental" en jerigonza! :D

_________________
"En el umbral del palacio de Zeus hay dos tinajas llenas de destinos: una de buenos y la otra de malos" (Homero).


Arriba
 Perfil  
Responder citando  
 Asunto: Re: Introdución xeral á filosofía oriental.
NotaPublicado: 06 Dic 2017, 00:16 
Desconectado
Avatar de Usuario

Registrado: 19 Ago 2014, 04:56
Mensajes: 9316
Rango personalizado: Nuevo usuario.
Alexandre Xavier escribió:
9. Fontes de consulta
9.1. Bibliografía
9.1. Pictografía
9.2. Hemerotecografía
9.3. Fonografía, filmografía e videografía.
9.4. Internetografía


Te faltó 9.5. Pornografía.

_________________
"En el umbral del palacio de Zeus hay dos tinajas llenas de destinos: una de buenos y la otra de malos" (Homero).


Arriba
 Perfil  
Responder citando  
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 5 mensajes ] 

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Traducción al español por Huan Manwë para phpbb-es.com
phpBB SEO