Página 1 de 1

No día da Patria Galega do 2019.

Publicado: 25 Jul 2019, 18:50
por Alexandre Xavier
No Día da Patria Galega do 2019.

Hoxe, no Día da Patria Galega deste ano 2019, 25 de xullo, quería ir un pouco alén dos tópicos encol da miña nación, a Galicia.
De feito, hoxe estou a escribir desde outra nación, a Castela, na cidade de Madrid; amais veño de chegar dunha terceira nación ibérica: o Reino de Valencia.
Coma dicía, hoxe quería ultrapasalos tópicos patrióticos.
I entón, devagariño, chégame, á pantasma da memoria, a lembranza dun vello anuncio dunha empresa de viaxes i ensino lingüístico. Era algo así coma un cadelo vestido vagamente co típico xersei e mailo pantalón curto que levan os turistas europeos ou os estudiantes de ensino medio e universitario en intercambio académico de países. A cravata do cadelo, posto en pé e debuxado de xeito humanizado, sorrinte, tiña en tira vertical unha enchenta de bandeiras dos diferentes idiomas e países europeos: inglés, irlandés, italiano, polaco, grego, sueco, turco, castelán, francés...
E dous lemas acompañaban ó cadelo.

A Europa é unha nación. Aprende os seus idiomas.
A Europa e un país. Percorre as súas provincias.


Abofé, sendo coma era un reclamo dunha axencia turística e academia de idiomas... era i é verdade.
Ó meu ver, hoxe e hai séculos a nosa gran nación de valóns, galegos, finlandeses, vascos, franceses, malteses, turcos, israelís, palestinos, húngaros, españois, etcétera, é a nación europea.
Fagamos Patria Galega facendo Patria Europea. Non a patria dos avogados, os banqueiros, os recadadores de impostos e os políticos profesionais, senón a Europa dos pobos e fundamentalmente dos individuos ilustrados e ceibes.
¿Que vos parece? Viaxemos polas provincias europeas e aprendámolas linguas da nosa nación de nacións: a Europa.